As III Xornadas Galaico Portuguesas celebraranse en Allariz os días 18 e 19 de abril de 2026 cun amplo programa cultural e gastronómico na Casa da Cultura da vila.
O evento arrincará o sábado 18 ás 11:30 h coa recepción das persoas asistentes e a apertura oficial. Ao longo da xornada desenvolveranse diversas actividades centradas no diálogo cultural entre Galicia e Portugal, como a palestra “Allariz e Ponte da Lima: vidas paralelas” ás 12:00 h ou un recital poético-musical ás 13:00 h.
Allariz acolle as III Xornadas Galaico Portuguesas
A programación inclúe tamén unha proposta gastronómica ás 14:00 h con pratos tradicionais galego-portugueses, así como unha tarde con intervencións culturais, club de lectura e un debate público arredor da cultura galega. A xornada pecharase cunha actuación musical ás 20:30 h e unha cea temática ás 22:00 h.
O domingo 19 continuará a actividade cun roteiro cultural ás 10:00 h baixo o título “Tras os pasos de Sta. María na Galicia e Portugal”, cun custo de 15 euros e prazas limitadas. Xa pola tarde, ás 13:00 h, celebrarase un recital poético con concerto de vermú, seguido da clausura das xornadas ás 14:00 h.


