Eventos

Baños de Molgas e Xunqueira súmanse ao Tangaraño Cultural

O Tangaraño Cultural 2026 amplía a súa programación con dúas actividades en Baños de Molgas e Xunqueira de Ambía este 15 de maio, nunha proposta que complementa o evento principal previsto en Sobradelo o próximo 30 de maio.

A iniciativa levará aos dous concellos a actividade “Debullando nas letras”, unha proposta cultural que contará coa participación de Anxo Guerra, coñecido polo seu labor de divulgación oral e narrativa tradicional.

Baños de Molgas e Xunqueira súmanse ao Tangaraño Cultural

A primeira cita terá lugar en Baños de Molgas ás 18:00 h, no baixo do centro de saúde, mentres que a segunda sesión desenvolverase en Xunqueira de Ambía ás 20:00 h, nas Escolas Vellas.

Baños de Molgas e Xunqueira súmanse ao Tangaraño Cultural

A organización informa de que ambas actividades contan con prazas limitadas a 25 persoas, polo que recomenda realizar a inscrición con antelación para garantir a participación.

Como peche da xornada, os asistentes poderán compartir un momento de convivencia arredor duns petiscos, nun encontro que busca combinar literatura, tradición oral e proximidade co público.

Publicaciones relacionadas

Estas propostas serven como antesala do Tangaraño Cultural 2026, que continuará o seu percorrido o vindeiro 30 de maio en Sobradelo, consolidándose como unha cita cultural de referencia na provincia.

Botón volver arriba