Eventos

Antagonista Teatro interpreta «Insubmisa» en Barbadás

O grupo Antagonista Teatro interpreta a obra «Insubmisa» este venres, 24 de novembro, en Barbadás para conmemorar o Día contra a Violencia de Xénero.

Esta actuación forma parte da programación da Rede de Auditorios Provincial de Ourense que promove a Deputación Provincial.

Antagonista Teatro interpreta «Insubmisa» en Barbadás

Un crime e as consecuencias mentais que provocan na autora son o fío condutor desta trama que Antagonista Teatro presenta na Sala Manuel María de Barbadás. Os intentos por ofrecer un diagnóstico fracasan ó atoparse ante unha mente demasiado complexa provocando a frustración das persoas que teñen que elaborar o traballo diagnóstico.

Como di a sinopse da obra: «pode ser libre unha muller cando a súa historia será escrita por homes?»

Antagonista Teatro interpreta "Insubmisa" en Barbadás

Esta obra está dirixida a un público adulto. As invitacións poden recollerse na Casa da Cultura de Barbadás.

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.