Eventos

DistiNtos leva o rock retranqueiro ao Ceres 1894

A banda ourensá distiNtos ofrecerá este venres, 11 de setembro, un concerto de rock en galego no espazo Ceres 1894, na Praza Saco y Arce de Ourense.

A actuación comezará ás 21:00 h, coa apertura de portas unha hora antes, e contará con entrada de balde.

DistiNtos leva o rock retranqueiro ao Ceres 1894

A formación, creada despois da pandemia, está integrada por Jorge Emilio Bóveda, Vault, á voz e baixo; Iván Valcarce, Valkaisser, á guitarra e coros; e Xurxo Bóveda, XUR, á batería.

O concerto supón o arranque oficial da banda e o seu lanzamento ante o público, despois dunha primeira aparición na mesma sala o pasado mes de maio, coincidindo coa presentación da revista INviable.

DistiNtos define a súa proposta como rock retranqueiro, cunha combinación de enerxía, irreverencia, sátira e mensaxe. “Queremos desestresar a esta sociedade crispada a base de rock con mensaxe”, explica Vault, baixista e vocalista da formación.

Na presentación da banda, o escritor e músico Carlos Rego describe a proposta de distiNtos como un power trío con máis capas das que aparenta, no que conviven o punk, a retranca e a literatura. Unha fórmula que define como “rock esquimal de meditada retranca e ripios ben pensados”.

DistiNtos leva o rock retranqueiro ao Ceres 1894

O concerto celebrarase no Ceres 1894, situado na Praza Saco y Arce, 3, e permitirá descubrir en directo a proposta desta nova formación da escena musical ourensá.

Botón volver arriba