A Praza da Souteira de Esgos converterase o domingo 13 de setembro nun punto de encontro das tradicións do Entroido coa celebración da 2ª Xuntanza de Entroidos do Concello de Esgos.
O evento comezará ás 12:00 h.
Esgos celebra a súa segunda Xuntanza de Entroidos
A cita reunirá diferentes expresións tradicionais procedentes de varios puntos da provincia. Nesta edición participarán os Cabreiros de Muiños, o Fulión de Viana do Bolo, os Follateiros de Lobios, as Pantallas de Xinzo e os anfitrións, os Felos e Madamas de Esgos.
A xornada permitirá achegar ao público a diversidade e riqueza do Entroido tradicional ourensán, reunindo nun mesmo espazo algunhas das súas figuras e manifestacións máis características.

A actividade está organizada pola Asociación Cultural-Etnográfica Felos e Madamas do Concello de Esgos, coa colaboración do Concello de Esgos.

