O PP comprométese a culminar a modernización do regadío da Limia e impulsar un plan nacional para apoiar o sector agrario.
Así o trasladaron as candidatas ao Congreso por Ourense, Rosa Quintana e Ana Belén Vázquez, nun encontro con representantes das comunidades de regantes celebrado en Porqueira.
O PP comprométese a modernizar o regadío da Limia
Quintana anunciou propostas como un portelo único para reducir a burocracia, unha fiscalidade específica para o rural e a avaliación do impacto das novas normas sobre a poboación rural. Tamén defendeu que as importacións cumpran os mesmos requisitos que os produtos españois.

Pola súa banda, Ana Belén Vázquez comprometeuse a completar a modernización do regadío para garantir a súa eficiencia e rendibilidade para os agricultores.
O representante dos regantes, Julio Montero Molinos, cifrou en 17 millóns de euros a achega que deberán asumir, dos que sete millóns corresponden ao IVE. Ademais, destacou os sete millóns achegados pola Xunta, outros oito comprometidos por Alfonso Rueda e os catro millóns de fondos propios da Deputación de Ourense.

