Noticias

O PSdeG reivindica a igualdade fronte a posibles retrocesos

Carmen Rodríguez Dacosta e María Fernández Ojea defenden reforzar as políticas de protección, conciliación e prevención da violencia machista de cara ao 29N.

O PSdeG-PSOE de Ourense reivindica a igualdade como unha prioridade política e chama a defender os dereitos das mulleres fronte a posibles retrocesos. Esta reivindicación chega coincidindo co 25N e a campaña das eleccións xerais do 29 de novembro.

O PSdeG reivindica a igualdade fronte a posibles retrocesos

As candidatas socialistas Carmen Rodríguez Dacosta, ao Congreso, e María Fernández Ojea, ao Senado, defenderon reforzar as políticas públicas de igualdade, a protección das vítimas de violencia machista e os servizos de conciliación e corresponsabilidade.

O PSdeG reivindica a igualdade fronte a posibles retrocesos
Foto: PSdG.

As socialistas lembraron que desde 2003 foron asasinadas 1.387 mulleres polas súas parellas ou exparellas en España. Destacaron instrumentos como a Lei de protección integral contra a violencia de xénero, o Pacto de Estado renovado en 2025, o sistema VioGén e os centros de crise 24 horas para vítimas de violencia sexual.

Rodríguez Dacosta subliñou que a igualdade precisa «leis, recursos e decisión política». Reclamou servizos públicos de coidados que eviten que as mulleres teñan que renunciar ao emprego ou ás oportunidades profesionais. Tamén alertou das dificultades que a dispersión territorial provoca no acceso aos recursos no rural ourensán.

Pola súa banda, Fernández Ojea advertiu de que «os dereitos das mulleres non se poden dar por conquistados para sempre». Tamén criticou o negacionismo da violencia machista. Fernández defendeu que a protección das vítimas non pode depender dos pactos políticos e reivindicou unha nova estratexia estatal contra as violencias machistas e unha lei contra a violencia vicaria.

O PSOE propón tamén ampliar as axudas ás fillas e fillos de vítimas ata os 26 anos, reforzar a atención ás mulleres maiores e con discapacidade, combater o acoso laboral e impulsar a coeducación.

No marco do 25N, os socialistas celebrarán esta tarde un acto sobre igualdade na Valenzá e participarán na manifestación convocada en Ourense.

Botón volver arriba