AVOU reivindica a educación como ferramenta fundamental para combater a violencia machista e construír unha sociedade igualitaria con motivo do 25N.
A organización reclama compromiso político, social e institucional para actuar sobre as causas da violencia contra as mulleres, así como prevención, recursos públicos e acompañamento ás vítimas durante todo o ano.
AVOU reivindica a educación contra a violencia machista
Desde a Secretaría de Feminismos tamén alertan sobre a prostitución e as desigualdades que condicionan a vida de moitas mulleres. Avante Ourense defende educar no respecto, no consentimento e nas relacións libres de violencia desde as primeiras etapas da vida.
Silvia F. insiste en que a educación debe ser unha aposta permanente para desmontar estereotipos e evitar que as novas xeracións normalicen a dominación ou a desigualdade.
«Non queremos mulleres sobrevivindo á violencia. Queremos mulleres vivindo en liberdade», conclúe a organización.

