Noticias

O PP reclama máis protección para as mulleres

O PP de Ourense reclamou máis protección efectiva para as mulleres e criticou os erros do Goberno de Pedro Sánchez nun acto organizado pola Vicesecretaría de Igualdade con motivo do 25N.

Luis Menor, presidente provincial, advertiu de que «un Goberno pode equivocarse, pero non pode eludir a responsabilidade de corrixir os seus erros cando está en xogo a seguridade das mulleres».

O PP reclama máis protección para as mulleres

O encontro, celebrado na rúa do Paseo, abordou as consecuencias da lei do «só si é si», as incidencias das pulseiras telemáticas e as dificultades de atención ás vítimas no medio rural.

O PP reclama máis protección para as mulleres
Foto: PP

Participaron Sonia Ogando, Roberto González, Rosa Sánchez, Miguel Santalices e Ana Belén Vázquez, que reclamaron melloras na protección das vítimas, maior control dos fondos públicos e unha atención específica ás mulleres do rural.

Menor tamén defendeu as propostas de Alberto Núñez Feijóo para reforzar os medios policiais e xudiciais, mellorar a coordinación institucional e garantir a fiabilidade das pulseiras telemáticas.

Botón volver arriba