O PSdeG-PSOE de Ourense destacou en Verín os investimentos do Goberno de España na A-52 e nas estradas nacionais da provincia, con actuacións destinadas a mellorar a seguridade viaria e a mobilidade.
Os socialistas puxeron en valor os 25,4 millóns de euros destinados á rehabilitación do firme da A-52. Tamén destacaron os 6,3 millóns para reparar os viadutos da Arnoia e A Valenzá. Por último, lembraroun os máis de 13 millóns para a conservación e mellora das estradas nacionais.
O PSdeG destaca os investimentos na A-52 e estradas nacionais
A candidata ao Congreso, Marina Vaz Quintillán, defendeu a importancia destas actuacións para garantir a conexión dos municipios e a cohesión territorial. Pola súa banda, Brian Diz González incidiu na necesidade de manter as estradas en boas condicións por motivos de seguridade e calidade de vida.

Entre as intervencións destacadas figura a rehabilitación de 60 quilómetros da A-52 entre Ourense e Vigo, cun investimento de 10,9 millóns, e outros 14,5 millóns entre os puntos quilométricos 138 e 176, nos municipios da Gudiña, Riós, Vilardevós, Verín, Monterrei e Cualedro.
O PSdeG tamén lembrou a humanización da N-525 ao seu paso por Xinzo de Limia, cun investimento de catro millóns e obras xa rematadas. Tamén lembrou a reparación do paso subterráneo do Pino, cun custo de 1,5 millóns.
Ademais, Brian Diz destacou a execución da variante de Eirasvedras-Quintela, cun investimento de 29,34 millóns, e da circunvalación do Barco de Valdeorras, na N-120, cun orzamento de 65 millóns e unha execución próxima ao 70 %. Esta última ten prevista a súa finalización na primavera de 2027.
Os socialistas defenderon a continuidade dos investimentos para mellorar as conexións da provincia e reducir as dificultades de mobilidade, especialmente nos municipios rurais.

