Noticias

O PSOE destaca os 5,8 millóns para a BRIF de Laza

O PSdeG-PSOE de Ourense destaca o investimento de 5,76 millóns de euros na modernización da base da Brigada de Reforzo en Incendios Forestais (BRIF) de Laza, a única destas características en Galicia.

As obras, iniciadas en xullo de 2024, inclúen a construción dun edificio de 1.500 metros cadrados con dormitorios, ximnasio, vestiarios e aulas de formación, ademais de melloras no acceso, no peche perimetral e no helipuerto.

O PSOE destaca os 5,8 millóns para a BRIF de Laza

A actuación forma parte dun programa estatal de modernización das dez bases BRIF, cun investimento global de 60 millóns de euros.

O PSOE destaca os 5,8 millóns para a BRIF de Laza
Foto: PSdG.

O candidato socialista ao Congreso, Brian Diz, criticou a posición histórica do PP fronte á creación da UME, mentres que a candidata ao Senado, Marina Vázquez, reivindicou a importancia de investir na prevención e nas condicións dos profesionais que combaten os incendios.

Os socialistas tamén reclamaron á Xunta máis recursos humanos e unha planificación forestal estable durante todo o ano.

Botón volver arriba