Noticias

Sandiás educa na igualdade desde a infancia cun contacontos

O PAI de Sandiás acolleu o pasado 23 de novembro o contacontos O Príncipe das Mil Cores, unha actividade da Furgoteca para fomentar entre as crianzas valores de igualdade, diversidade e respecto.

A sesión comezou coa narración do conto O príncipe azul, de Kalandraka, presentada sen palabras para favorecer a participación e a creatividade dos máis pequenos.

Sandiás educa na igualdade desde a infancia cun contacontos

A continuación, as nenas e nenos elaboraron unha gran silueta humana con materiais de distintas cores e texturas. O traballo colectivo deu lugar a un mural co lema «Todas e todos somos diferentes, todas e todos somos importantes».

Sandiás educa na igualdade desde a infancia cun contacontos
Foto: Concello de Sandiás.

A actividade completouse coa entrega dunha chapa co lema «Nin Unha Menos», reforzando a mensaxe de sensibilización contra a violencia machista.

A iniciativa achegou a igualdade e o respecto á infancia a través dunha proposta lúdica e participativa, na que tamén tomaron parte educadores e familias.

Botón volver arriba