Noticias

Un impulso para novas infraestruturas termais

Dar un novo impulso para a creación de novas infraestruturas termais na provincia de Ourense é unha das propostas do PSdeG de Ourense na súa reunión co Foro Liceo.

Carmen Rodríguez Dacosta, cabeza de lista por Ourense, estivo acompañada de Aurea Soto, número 3, e Xurxo Dovial, número 5.

Un impulso para novas infraestruturas termais

Durante a reunión abordáronse diversas problemáticas que ten a provincia de Ourense. Unha delas é dar un impulso ás necesidades que o termalismo ten tanto no concello e Ourense como na provincia.

«É imprescindible un compromiso económico para impulsar novas infraestruturas termais, pero non o é menos revitalizar as xa existentes que permanecen pechadas ou a medio gas», indicou Carmen Rodríguez.

Un impulso para novas infraestruturas termais

Tamén se trataron na reunión outros temas relativos ó desenvolvemento urbanístico e a recuperación do casco histórico ou a elaboración dun plan de vivenda e rehabilitación para a capital. Non quedaron sen tratar outros asuntos de gran relevancia como o soterramento da avenida Otero Pedrayo e as conexións con Lugo e Valdeorras.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.