A plataforma Queremos UPO invita a toda a cidadanía a visitar a exposición do artista Xosé Cid «Silencio e materia» no Centro Cultural Marcos Valcárcel.
Chega unha nova proposta cultural da plataforma Queremos UPO para achegarse á obra de Xosé Cid.
Queremos UPO invita a visitar a exposición de Xosé Cid
Da man do propio artista, as persoas que o desexen poderán coñecer de preto as obras recollidas nesta exposición. «Silencio e materia» mantén un importante número de visitas desde a súa inauguración.
O martes, 14 de maio, terá lugar esta actividade chamada «Xosé Cid. Poeta da Materia» para visitar a exposición a partir das 19h.