Noticias

O PSOE visita en Laza o proxecto do Bosque Máxico

O PSdeG-PSOE visita o concello de Laza e fai parada no proxecto do Bosque Máxico que cumpre 10 anos de total abandono.

Dentro da campaña para as eleccións europeas, os socialistas visitaron as instalacións «totalmente abandonadas e desleixadas» do proxecto que se financiou con fondos da Unión Europea.

O PSOE visita en Laza o proxecto do Bosque Máxico

Para os candidatos socialistas, o Bosque Máxico «é o exemplo do desleixo e do abandono co que o PP trata á provincia de Ourense, prometendo proxectos e investimentos que rematan en saco roto e que non se acaban pondo en marcha».

O PSOE visita en Laza o proxecto do Bosque Máxico

Lorena Guerra, candidata do PSdeG-PSOE de Ourense ó Parlamento Europeo lembrou que «as e os socialistas estamos comprometidos co bo uso dos recursos europeos». Durante a visita a estas instalacións, Lorena Guerra estivo acompañada polo senador, Rafa Villarino, a deputada provincial, Marina Vaz, e o voceiro municipal en Laza, Juan Ramón Álvarez.

Botón volver arriba