A IV Xuntanza de Corais que se celebra no concello de Toén terá lugar o sábado, 8 de xuño, a partir das 19h na Igrexa de San Pedro de Moreiras.
Este evento cultural conta coa participación de dúas corais procedentes da provincia de Pontevedra e a agrupación local Breogán.
IV Xuntanza de Corais en Toén
O concerto, impulsado polo concello de Toén, permitirá ó público gozar de tres excelentes agrupacións corais.
- Coral Polifónica San Roque de Vigo
- Coral Polifónica Santa María das Neves
- Agrupación Cultural Breogán (Moreiras)