O concurso de pinchos que organizou o concello de Toén neste 2024 ten un claro gañador que hoxe recibiu o seu galardón da man do seu alcalde.
Ricardo González-Vallejo, alcalde de Toén, entregou o primeiro premio do «IV Toén a Bocados» ó establecemento La Isla.
O concurso de pinchos de Toén 2024 ten un claro gañador
O pincho elaborado por este establecemento foi o claro gañador desta edición ó lograr o primeiro posto segundo o criterio do xurado e da votación popular.
No acto de entrega de premios, o alcalde de Toén entregou os tres premios de cada categoría ós establecementos que lograron destacar dentro dun concurso que mostrou unha alta calidade. Foi esa calidade na elaboración dos pinchos o que facilitou unha alta participación de persoas que se achegaron ós oito establecementos que formaban parte do concurso.
Relación de Premios do IV TOÉN A BOCADOS
Premios outorgados polo xurado:
- 1° LA ISLA
- 2° VENECIA
- 3° CASA ANA
Premios outorgados por votación popular:
- 1° LA ISLA
- 2° CASA ANA
- 3° MEXICANO EN BRASAS