Nace na localidade de Mugares a Asociación Cultural do Entroido que realizará unha presentación o 26 de outubro con varias actuacións musicais.
O Centro de Interpretación do Entroido acollerá a presentación desta Asociación Cultural que xurde cun gran apoio da veciñanza.
Nace en Mugares a Asociación Cultural do Entroido
No acto de presentación da Asociación Cultural Entroido de Mugares actuarán a pianista Irma Fernández Alonso e o grupo de cantos de taberna «As Cuncas do Son».
O concello de Toén colabora con este evento que terá lugar o sábado, 26 de outubro, ás 17h.