O concello de Barbadás celebra o Día Mundial da RCP con varias actividades baixo o lema «As túas mans salvan vidas».
A concellería de Educación organiza estas actividades nas que se ofrecerá formación básica sobre a RCP.
Barbadás celebra o Día Mundial da RCP
O mércores, 16 de outubro, terá lugar a primeira das actividades previstas. Esta programación continuará os días 21, 22 e 23 de outubro con propostas nas que poderá participar toda a cidadanía.
Programa do Día Mundial da RCP
- Mércores, 16 de outubro
17h – Adestramento e concienciación nas técnicas de SVB (Rotonda da Familia). - Luns, 21 de outubro
Taller Práctico de Soporte Vital (con maniquíes simuladores) impartido por Brais Ramos López e dirixido a todo o público en xeral.
10h – Fonval
16h – CEIP O Ruxidoiro
18:30h – Escola Infantil Municipal - Martes, 22 de outubro
Taller práctico «Soporte Vital Básico para Escolares» impartido por María Méndez Lage e dirixido ó profesorado e alumnado dos CEIP O Ruxidoiro e Filomena Dato. - Mércores, 23 de outubro
Adestramento e concienciación nas técnicas de SVB no Polideportivo Municipal.