Falece Arturo Rodríguez Pérez, referente do movemento veciñal na cidade de Ourense, que presidía a Asociación Veciñal Carlasca do Barrio da Carballeira.
Dentro do movemento veciñal existente no concello de Ourense, falar de Arturo Rodríguez era falar dun persoa implicada coa veciñanza.
Falece Arturo Rodríguez, referente do movemento veciñal
Foron moitos anos nos que liderou a Asociación Veciñal Carlasca para promover melloras no barrio da Carballeira e incluso esixilas cando era preciso.
A noticia do seu pasamento deixa numerosas reaccións de representantes políticos e outras asociacións veciñais que lembran a importancia da súa traxectoria.
Un dos mensaxes de despedida dedicados a Arturo Rodríguez é o publicado polo alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome nas súas redes sociais. Acompañando unha foto de ambos escribe: «Arturo Rodríguez, presidente de la asociación Carlasca, era uno de los representantes vecinales…, bueno, era el representante vecinal que yo más respetaba. Vocación en estado en puro».