Noticias

Reclaman en Ourense medidas urxentes polo dereito á vivenda

Preto de medio cento de veciñas e veciños de Ourense participaron este domingo na asemblea aberta “Polo dereito á vivenda”, organizada polo colectivo Espazo Veciñal Ourense no Café Cultural Auriense.

A reunión serviu para poñer de manifesto a crecente preocupación pola situación da vivenda tanto na cidade como no conxunto da provincia.

Medio cento de persoas reclaman en Ourense medidas urxentes polo dereito á vivenda

Durante o encontro, as persoas asistentes analizaron os principais problemas que afectan á veciñanza, destacando os elevados prezos do alugueiro, a especulación inmobiliaria e a proliferación de vivendas turísticas. O obxectivo principal foi acordar medidas efectivas que garantan o acceso a unha vivenda digna para todas as persoas.

Reclaman en Ourense medidas urxentes polo dereito á vivenda
Foto: Espazo Veciñal Ourense

A asemblea pechouse cun amplo consenso sobre unha serie de demandas prioritarias, entre as que resaltan:

  • A declaración de zonas tensionadas para frear a especulación.
  • A desarticulación dos grupos de desokupación, considerados unha ameaza para o dereito á vivenda.
  • A baixada inmediata dos prezos do alugueiro.
  • A prohibición das vivendas turísticas en zonas con alta demanda residencial.
  • A prohibición da venda de vivendas con fins especulativos.

As persoas participantes acordaron, ademais, sumarse ás mobilizacións estatais convocadas para o próximo 5 de abril, co propósito de visibilizar estas reivindicacións e esixir solucións inmediatas.

A loita continuará o domingo 16 de marzo ás 18:30, cunha nova asemblea aberta na zona do Rianxo da Praza de Abastos das Burgas. Nesta acto, a veciñanza seguirá organizándose para defender o dereito a unha vivenda digna e accesible.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.