O venres 30 de maio, os establecementos do comercio local de Barbadás celebrarán a Noite Moucha, mantendo as súas portas abertas ata as 23:00 h.
Este evento organizado pola Concellería de Comercio do Concello de Barbadás busca dinamizar o comercio local e animar á veciñanza a mercar nos establecementos do municipio.
Os comercios de Barbadás abrirán ata as 23:00 h na “Noite Moucha”
A Noite Moucha ofrecerá descontos especiais, animación, actividades sorpresa e promocións exclusivas. Por cada compra superior a 10 euros, os clientes recibirán un agasallo de palomitas gratis. Ademais, ás 23:00 h celebrarase un sorteo de bonos regalo de 40 euros para gastar nos comercios participantes.
Comercios participantes e promocións especiais
- CALZADOS ZOCOS: -20% desconto, zona outlet e mesa doce e salgada.
- DONICELA: -30% desconto todo o día.
- ELMA: Descontos do 20% ata o 70%.
- EMY NAILS: Esmaltado semipermanente un tono por 10 €.
- GAIA CONTIGO: -10% desconto.
- IDUNNA: -20% desconto en hixiene facial todo o día.
- LA CIGÜEÑA: Zona outlet con ata o 70% de desconto e resto da tenda con -20%. Mesa doce.
- LIBRERÍA A VALENZÁ: -10% desconto en papelería, -5% en libros e mochilas desde 20 €.
- MVT GALICIA: 5 estacións de baile polas rúas da Valenzá con percorrido desde Rúa Areal ata Froiz.
- NOVO ERA ELECTRODOMÉSTICOS: Descontos do 10% ao 20% en produtos seleccionados.
- OHANA BABY & DECO: Descontos ata o 30% (excepto produto de continuidade) e mesa doce.
- TWINS: Descontos do 20% ao 70%.
- TWINS MEN: Descontos do 20% ao 70%.

Esta celebración pretende poñer en valor o comercio local de Barbadás e fortalecer os lazos entre os establecementos e a comunidade.