Noticias

A Piscina da Tecnópole estará aberta até o 31 de agosto de 2025

A piscina do Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) permanecerá aberta ao público todos os días até o 31 de agosto de 2025, en horario ininterrompido de 12:30 a 20:30 horas.

Esta instalación ofrece unha opción refrescante e accesible para combater as altas temperaturas do verán na contorna de San Cibrao das Viñas.

A Piscina da Tecnópole estará aberta até o 31 de agosto de 2025

A piscina, de 25 metros de longo por 12,5 metros de ancho, dispón dunha ampla zona de céspede natural que permite aos visitantes gozar dun espazo cómodo e relaxante ao aire libre. Ademais, hai servizo de alugueiro de hamacas e parasois, ofrecendo maior comodidade para os usuarios.

A Piscina da Tecnópole estará aberta até o 31 de agosto

Os prezos son económicos e poden abonarse tanto en efectivo como con tarxeta directamente nas instalacións:

  • Entrada xeral: 2 €
  • Alugueiro de parasol: 1 €
  • Alugueiro de hamaca: 1 €

A piscina da Tecnópole constitúe unha excelente alternativa de lecer e descanso para todas as idades durante os meses de verán, nun entorno tranquilo e seguro.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.