Noticias

O BNG critica a “falta de ambición” do alcalde de Barbadás tras reunirse con Rueda

O grupo municipal do BNG en Barbadás cuestiona a utilidade da recente reunión entre o alcalde do municipio e o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.

Segundo o portavoz nacionalista, Sarín Núñez, “o alcalde acudiu buscando soamente unha foto”, sen lograr compromisos reais por parte do Goberno galego.

O BNG critica a “falta de ambición” do alcalde de Barbadás tras reunirse con Rueda

Núñez considera insuficiente a achega da Xunta para a ampliación do Polideportivo municipal, cualificándoa de “ridícula”, e acusa ao alcalde de conformarse con mínimos mentres “condena á veciñanza de Barbadás a seguir contando cuns servizos públicos precarios, malia superar os 12.000 habitantes”.

Foto: BNG

O BNG denuncia especialmente que Barbadás continúe sendo “o único concello galego con máis de 10.000 habitantes que carece dun Instituto de Educación Secundaria”. Segundo o portavoz, máis de 1.200 mozos e mozas levan máis de dúas décadas desprazándose a Ourense para poder continuar os seus estudos.

A formación tamén critica a ausencia doutros servizos fundamentais como un Centro de Día público, piscinas climatizadas para uso anual, unha segunda escola infantil ou unha Escola de Música moderna. “A veciñanza segue sen os equipamentos que merece”, sinalou Núñez.

O BNG lamenta, ademais, a actitude da Xunta, que, segundo din, “segue a rirse de Barbadás” ignorando sistematicamente as demandas locais. Tamén apuntan ao Goberno local por carecer de “peso político” e de “ambición”, en contraste con municipios semellantes como Verín ou O Barco de Valdeorras, que “si contan con servizos públicos axeitados para a súa poboación”.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.