Noticias

Barbadás inviste máis de 168.000 euros na mellora de dúas estradas clave

O Concello de Barbadás vén de adxudicar dous proxectos de rehabilitación viaria cun investimento total de 168.249,29 euros, que arrancarán no mes de setembro e terán como obxectivo mellorar a seguridade e a mobilidade en zonas estratéxicas do municipio.

O primeiro proxecto, cun orzamento de 92.908,64 euros, consiste na rehabilitación do firme da estrada que conecta o núcleo de Barxa, en Piñor, co barrio de Vistahermosa, en Ourense.

Barbadás inviste máis de 168.000 euros na mellora de dúas estradas clave

A intervención, que será executada pola empresa Extraco, abrangue un tramo de 1.140 metros de lonxitude, cun ancho medio de 5,50 metros, desde a igrexa de San Lourenzo ata o límite co concello ourensán.

Barbadás inviste máis de 168.000 euros na mellora de dúas estradas clave
Foto: Concello de Barbadás

Segundo explicou a tenente alcalde e concelleira de Vías e Obras, Victoria Morenza, a estrada presenta un firme totalmente esgotado e numerosas irregularidades que cómpre corrixir. Pola súa parte, o alcalde Xosé Carlos Valcárcel destacou a actuación como “prioritaria” pola súa elevada intensidade de tráfico. “Esta vía serve como acceso a Ourense desde unha das parroquias máis grandes de Barbadás e contribúe a diversificar a mobilidade, desafogando outros accesos á capital”, subliñou.

As melloras incluirán a limpeza de cunetas, fresado da superficie, rega de adherencia, pintado de marcas viarias e levantamento de dous reductores de velocidade, entre outras accións. O prazo de execución será dun mes.

O segundo proxecto, cun orzamento de 75.340,65 euros, afectará á pista que une os núcleos de Parada e San Bieito. A empresa Excavaciones P. Prol será a encargada da obra, que tamén se iniciará en setembro.

Nesta intervención acometeranse tarefas de limpeza e reapertura de cunetas, rozado dos bordos, construción de bocas de pozo, demolición do pavimento en cruces, bacheo, reforzo do firme e instalación de nova sinalización vertical.

Valcárcel puxo en valor esta actuación como exemplo do compromiso municipal co rural: “Queremos actuar sobre o entorno rural, non só sobre os grandes núcleos”. O rexedor lembrou ademais que este vial ten un uso intensivo, sobre todo en épocas de maior afluencia ao Santuario do San Bieito de Cova do Lobo, un dos lugares máis emblemáticos de Barbadás.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.