O Concello de Barbadás busca aos responsables dos danos ocasionados esta semana na pista multideporte da Valenzá, unhas instalacións inauguradas no outono de 2024.
Os vándalos racharon unha das redes e envorcaron unha das canastras, causando desperfectos que afectan ao uso normal do espazo.
Actos vandálicos na pista multideporte da Valenzá
“Non é a primeira vez que hai actos vandálicos neste espazo”, lamentou o alcalde Xosé Carlos Valcárcel, quen destacou a preocupación do goberno local ante a repetición destes feitos.

O Concello xa puxo en coñecemento da Policía Local e da Garda Civil a situación. As autoridades investigan para identificar aos culpables, que deberán asumir os custos dos danos ocasionados e afrontar a sanción económica correspondente.