Noticias

O Barco activa un amplo dispositivo para a Volta a España

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, presidiu hoxe a Xunta Local de Seguridade Extraordinaria convocada con motivo da 17ª etapa da Volta ciclista a España 2025.

Esta etapa sairá este mércores, 10 de setembro, desde a Avenida Conde de Fenosa no centro do Barco de Valdeorras.

O Barco activa un amplo dispositivo para a Volta a España

Este encontro tivo como obxectivo reforzar a coordinación das Forzas e Corpos de Seguridade co equipo organizador para garantir que a proba discorra con total normalidade.

Na reunión participaron tamén o alcalde, Aurentino Alonso; a directora territorial da consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes en Ourense, Beatriz Fernández; representantes do equipo da Volta e mandos da Garda Civil, Policía Nacional e Policía Local. Todos eles deseñaron un operativo especial ante a importante afluencia de visitantes que se prevé na comarca.

O Barco activa un amplo dispositivo para a Volta a España
Foto: Subdelegación do Goberno

Eladio Santos destacou o compromiso da Subdelegación e dos corpos de seguridade para que o evento sexa un éxito. “Deseñamos un dispositivo amplo e perfectamente coordinado para que este importante evento saia adiante sen incidencias”. O subdelegado puxo en valor a colaboración entre Garda Civil, Policía Local e organización da Volta, agradecendo o esforzo adicional que realizan.

Tamén fixo un chamamento á cidadanía para que goce da xornada con responsabilidade e respecto ás normas de seguridade. O dispositivo especial céntrase na mobilidade, prevención de incidencias e resposta rápida a calquera situación.

A 17ª etapa da Volta a España 2025 partirá por primeira vez desde o Barco de Valdeorras. A etapa terá como meta o alto de El Morredero, en El Bierzo, cun percorrido de 143 quilómetros. O obxectivo das institucións é que a saída dunha etapa poida repetirse no futuro e consolidar o municipio como punto de referencia no circuíto ciclista internacional.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.