ALCERFEST, a nova proposta solidaria de ALCER Ourense, celebrarase o vindeiro 14 de xuño no CEIP Julio Gurriarán de O Barco de Valdeorras.
A xornada combinará música, actividades familiares, gastronomía e solidariedade nun evento aberto a toda a cidadanía.
ALCER Ourense celebrará no Barco o primeiro ALCERFEST
A programación comezará ás 11:00 h coa apertura de portas e a presentación da asociación. Durante a mañá haberá inchables e pintacaras para a cativada, mentres que a música en directo correrá a cargo de La Fiesta Madre e Andrea Velasco.
Ás 14:00 h celebrarase unha comida popular incluída na entrada. Pola tarde haberá actividades como tiro ao arco, tiro con machada e un circuíto de coches eléctricos, ademais da actuación do grupo The Crokiss.
A xornada rematará cun sorteo e unha festa da escuma. As entradas custan 15 euros e inclúen comida, acceso ás actividades e participación nos sorteos. Poden mercarse de forma anticipada en establecementos colaboradores do Barco.

Con esta iniciativa, ALCER Ourense busca visibilizar a realidade das persoas con enfermidade renal e crear un espazo de convivencia e apoio social na comarca de Valdeorras.