Noticias

Rita Doallo gaña o IV Premio SIMBAD de Literatura Infantil con Astralistoria

A escritora Rita Doallo gañou o IV Premio SIMBAD de Literatura Infantil coa súa obra Astralistoria, presentada esta mañá na Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago de Compostela.

O galardón, organizado por AGADEA Alzheimer no marco do Mes do Alzheimer, recoñece traballos que transmiten valores de solidariedade, respecto e coidado interxeracional.

Rita Doallo gaña o IV Premio SIMBAD de Literatura Infantil con Astralistoria

Na entrega, Julia, usuaria do centro de AGADEA en Vedra, fixo entrega do premio á autora. A obra, definida como “unha historia que combina maxia, imaxinación e memoria”, emocionou ao público cando Celsa, usuaria do Centro de Día de Ensanche, leu un fragmento en voz alta.

Rita Doallo gaña o IV Premio SIMBAD de Literatura Infantil con Astralistoria
Foto: AGADEA

O acto contou coa presenza do secretario xeral da Lingua, Valentín García, quen destacou que “a lingua galega e a literatura infantil son ferramentas esenciais para construír unha sociedade máis consciente e máis humana”. Pola súa parte, Cristina Villar, educadora social de AGADEA, subliñou a importancia da literatura como espazo para “seguir lembrando, creando e compartindo” máis alá de calquera diagnóstico.

A presidenta de AGADEA, Isabel Gey, incidiu en que “o Premio SIMBAD é un símbolo do noso compromiso coa sensibilización a través da cultura e a educación. Cada conto premiado convértese nunha semente de empatía e solidariedade que contribúe a manter viva a memoria colectiva”. O evento pechouse coa actuación musical do grupo SANARTE.

Con esta cuarta edición, o Premio SIMBAD consolídase como un referente cultural en Galicia, impulsando obras que achegan ás novas xeracións unha visión máis próxima e humana da realidade do alzhéimer.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.