O PSdeG-PSOE de Ourense celebrou esta tarde a reunión ordinaria da súa Comisión Executiva Provincial, marcando o inicio do curso político.
Durante a sesión, as e os socialistas fixeron balance dos avances dos últimos meses e aprobaron o cronograma de traballo para os vindeiros meses. Tamén fixaron as reunións comarcais que se desenvolverán en toda a provincia.
O PSdeG-PSOE Ourense inicia curso político con reforzo territorial
Os membros do partido destacaron a importancia de “comezar a traballar intensamente no territorio, reforzando a presenza do partido nas diferentes comarcas e fortalecendo as agrupacións locais e comarcais, co obxectivo de prepararse para os comicios electorais do 2027”.

As reunións comarcais permitirán presentar aos novos representantes e establecer as liñas de traballo para conformar as candidaturas locais nas próximas eleccións municipais.
O secretario xeral do PSdeG-PSOE de Ourense, Álvaro Vila Araújo, destacou que “estamos preparados para formar os mellores equipos e candidaturas, buscando acadar os resultados máis óptimos e aumentar o noso poder municipal con novas alcaldías”.
Vila Araújo engadiu que “imos traballar intensamente no territorio para conseguir un partido máis forte, activo e que recupere músculo en cada comarca e concello”. Nas próximas semanas, a Executiva Provincial dará a coñecer tamén os diferentes actos que se celebrarán en diversos puntos da provincia.