Noticias

ForGA abre en Ourense un curso forestal con certificado oficial

A Fundación para a Orientación Profesional de Galiza (ForGA) organiza na súa sede de Ourense un curso gratuíto de Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes, dirixido a persoas desempregadas que busquen unha saída laboral inmediata como peón forestal.

O programa, que comezará nas próximas datas, é 100% subvencionado e inclúe prácticas profesionais así como formación en prevención de riscos laborais.

ForGA abre en Ourense un curso forestal con certificado oficial

O alumnado recibirá unha certificación oficial que lle permitirá acceder a postos de traballo do sector forestal sen necesidade de contar con formación previa. O único requisito é estar inscrito como demandante de emprego.

ForGA abre en Ourense un curso forestal con certificado oficial

O curso conta cun máximo de 15 prazas, polo que as solicitudes deberán tramitarse canto antes a través da web forga.gal.

Durante a formación, as persoas participantes aprenderán técnicas de repoboación e corrección hidrolóxica, construción e mantemento de infraestruturas forestais, traballos de desbroce e operacións básicas en tratamentos selvícolas.

Publicaciones relacionadas

ForGA, entidade creada en 1996, dispón dunha rede de centros homologados de formación en Galicia. Este programa formativo conta co financiamento da Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación.

Botón volver arriba