Noticias

Manuel Cruz reflexiona no Teatro Principal de Ourense sobre “a eclipse das ilusións”

O filósofo e ex presidente do Senado, Manuel Cruz, encheu onte o Teatro Principal de Ourense coa súa conferencia titulada “A eclipse das ilusións no mundo actual”.

O acto congregou centos de persoas interesadas en escoitar a súa reflexión sobre a crise das grandes visións ideolóxicas contemporáneas. A cita foi organizada polo PSdeG-PSOE de Ourense.

Manuel Cruz reflexiona no Teatro Principal de Ourense sobre “a eclipse das ilusións”

Durante a súa intervención, Cruz abordou o papel das ideas e ideoloxías que marcaron as últimas décadas. Advertiu que “cada vez é máis frecuente que as grandes visións do mundo dominantes ao longo da modernidade se vexan completamente descalificadas polo fracaso dos seus intentos de materialización”.

Manuel Cruz reflexiona no Teatro Principal de Ourense sobre “a eclipse das ilusións”
Foto: PSOE

O filósofo fixo especial referencia ao cuestionamento da esquerda ilustrada tras a caída do chamado socialismo real. Sinaluo que “o afundimento da súa forma política máis importante, simbolizado pola caída do Muro de Berlín, deu paso a outros fracasos de signo diverso: guerras, contrarrevolucións, violacións dos dereitos humanos, desastres ecolóxicos ou crises económicas, todos con idéntico balance negativo dende o punto de vista da emancipación”.

Manuel Cruz tamén apuntou que o liberalismorematou igualmente cuestionado por non ser quen de xerar unha sociedade mellor”. Segundo o senador socialista, o conxunto destes fracasos consolidou “unha dobre sensación colectiva: que nin as ferramentas teóricas herdadas nos permiten comprender a realidade social nin sabemos como relacionarnos adecuadamente con ela”.

O conferenciante concluíu cunha reflexión sobre o escepticismo contemporáneo: “Antano críamos ser capaces de entender e transformar o mundo; hoxe representamos a nosa situación en termos de derrota”. O público participou activamente no coloquio posterior, formulando preguntas sobre filosofía, política e a súa traxectoria como presidente do Senado e referente do PSC.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.