O ourensán Xabier Teixeiro Quintas resultou gañador do cheque desconto de 6.000 euros sorteado entre todas as persoas que mercaron un vehículo durante o 16º Salón do Automóbil de Ourense.
Este evento estaba organizado pola Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense (A.C.A.U.T.O.) e Expourense.
Xabier Teixeiro gaña o desconto de 6.000 euros no Salón do Automóbil de Ourense
O evento celebrouse ao longo de dúas fins de semana do mes de outubro e congregou a milleiros de visitantes interesados en vehículos novos e de ocasión.

O premio, un dos principais atractivos desta cita anual, repártese entre quen adquiren o seu coche durante o salón. Participaban os que realizaron unha compra tanto na sección de vehículo novo como na de vehículo de ocasión.
Nesta edición realizáronse 286 vendas, entre as que A.C.A.U.T.O. celebrou o sorteo ante notario o pasado 28 de outubro, resultando gañador Xabier Teixeiro, quen mercou un Seat Tarraco de ocasión no stand do concesionario oficial Roferourense Nissan.
A entrega do premio tivo lugar esta mañá nas instalacións de Roferourense Nissan. O afortunado recolleu o cheque de mans do xefe de vendas, David Gómez, e do director xerente de Expourense, Rogelio Martínez. A contía económica do desconto foi achegada conxuntamente por A.C.A.U.T.O. e Expourense, entidades organizadoras do salón. Esta cita consolidase como referencia do sector da automoción en Galicia.