Eventos

Ponte Vella celebra o inicio do Nadal con música e pista de xeo

O Nadal chega a Ponte Vella este venres coa inauguración oficial da súa decoración festiva, unha cita que o centro comercial de Ourense celebrará o 21 de novembro ás 19:00 horas.

Deste xeito, o centro comercial da inicio a unha das épocas máis agardadas do ano.

Ponte Vella celebra o inicio do Nadal con música e pista de xeo

O evento contará coa actuación do Coro Cantiga, que ofrecerá un repertorio especialmente preparado para esta tarde tan especial. As súas voces crearán unha atmosfera única que converterá a visita ao centro comercial nun momento cargado de emoción.

O acto busca reunir ás familias ourensás arredor da música e da tradición, nun inicio de campaña marcado pola proximidade e o ambiente festivo.

A programación inclúe unha das propostas máis atractivas da xornada: pista de xeo gratis de 17:00 a 22:00 horas. Esta iniciativa será válida só durante o propio día 21. Esta actividade promete converterse nun dos grandes reclamos para pequenos e maiores, que poderán desfrutar dunha experiencia lúdica pensada para abrir oficialmente a tempada de Nadal en Ponte Vella.

Publicaciones relacionadas
Ponte Vella celebra o inicio do Nadal con música e pista de xeo

O centro comercial anima á cidadanía a achegarse para compartir unha tarde chea de luz, música e diversión, nun evento que pretende reforzar Ponte Vella como un dos espazos de encontro referenciais da cidade durante estas datas.

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.