Eventos

A Apalpadora chega ao OZOCOgz do Carballiño este sábado

A Apalpadora visitará este sábado, 3 de xaneiro, o espazo OZOCOgz do Carballiño, nunha tarde pensada para o público familiar e chea de tradición, música e doces.

Esta actividade comezará a partir das 17:00 horas e contará con varias propostas para celebrar estas datas previas á chegada dos Reis.

A Apalpadora chega ao OZOCOgz do Carballiño este sábado

Dende os montes do Courel achegarase ao Carballiño A Apalpadora, filla do coñecido Apalpador. Esta comprobará se as nenas e os nenos se portaron ben e comeron como cómpre ao longo do ano. Ademais, compartirá co público a súa propia historia, achegando esta figura da tradición galega ás crianzas.

A Apalpadora chega ao OZOCOgz do Carballiño este sábado

Primeiro concerto das OZOCORETEIRAS

A xornada contará tamén coa participación das OZOCORETEIRAS, o grupo de pandeireteiras que se forma durante o ano no propio espazo OZOCOgz baixo a aprendizaxe do músico Isidro Vidal. As integrantes ofrecerán o seu primeiro concertiño, co obxectivo de desexar un bo ano novo ás persoas asistentes.

Chocolate, doces e ambiente festivo

Desde a organización anuncian que haberá chocolate, pastel e outras larpeiradas para quen se achegue ao espazo, convertendo a tarde nun encontro festivo e acolledor para toda a familia.

Publicaciones relacionadas

O OZOCOgz anima á veciñanza a acudir coa pandeireta para sumarse ás OZOCORETEIRAS e transformar a visita da Apalpadora nunha auténtica foliada. “É tempo de cantar os Reis, de panxoliñas e de bos desexos”, sinalan desde o espazo cultural.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.