A Sala municipal José Ángel Valente abre este mércores a exposición «140 máis 15. Xentes de Ben», do pintor ourensán Miguel Ángel Martínez Coello.
A mostra reúne unha selección de retratos de persoas vinculadas ao artista ou destacadas na vida social e cultural da cidade.
Martínez Coello expón en Ourense os retratos de «Xentes de Ben»
A exposición inaugúrase ás 20.00 horas e poderá visitarse ata o 10 de xaneiro na sala da rúa do Paseo. As obras están realizadas en técnica mixta e recollen rostros de persoas que, polas súas calidades persoais ou intelectuais, deixaron pegada na contorna ourensá.

Martínez Coello leva expoñendo e difundindo a cultura ourensá desde 1967. Ao longo dos últimos anos elaborou centos de debuxos de persoas que forman parte da memoria colectiva da cidade, moitas delas vinculadas ao pintor por lazos de afecto ou amizade.
A mostra poderá visitarse de martes a sábados, de 11.00 a 13.30 e de 18.00 a 21.00 horas, e os domingos, de 11.00 a 13.30 horas.

