A candidata do BNG por Ourense ao Congreso, Noa Presas, defendeu unha Galiza inclusiva e con igualdade de dereitos para as persoas migrantes fronte ao avance do racismo e a xenofobia.
Fíxoo nun encontro con persoas migrantes celebrado na cidade de Ourense, no que tamén participou o voceiro municipal, Luís Seara.
Presas reclama igualdade de dereitos para as persoas migrantes
Durante a reunión, Presas advertiu da normalización dos discursos de odio e reivindicou a defensa dos Dereitos Humanos. «Ningunha persoa é ilegal e todos os seres humanos deben ter garantidos os mesmos dereitos e as mesmas oportunidades», afirmou.

A candidata destacou a contribución da poboación migrante á sociedade galega e ourensá. Presas reclamou medidas que garantan o acceso en igualdade de condicións á vivenda, ao emprego, á sanidade, á educación e aos servizos públicos.
Entre as propostas do BNG figura reforzar os recursos das oficinas de estranxeiría para axilizar os trámites administrativos. Tamén impulsarán reformas lexislativas que garantan os dereitos da poboación migrante e combater a discriminación nas administracións e na sociedade. A formación tamén aposta por mellorar a inclusión social e laboral das persoas refuxiadas e solicitantes de asilo.
Presas vinculou estas reivindicacións ás eleccións do 29N e asegurou que o BNG defenderá no Congreso «unha voz propia para a igualdade, a convivencia e os dereitos de todas as persoas».

