O investimento do Goberno central permitiu modernizar o saneamento, o abastecemento e humanizar unha das principais vías da vila
Os representantes do PSdeG-PSOE de Ourense destaca o investimento de 1,37 millóns de euros do Goberno de España na renovación integral da rúa Ourense do Carballiño. Esta actuación foi executada pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil e rematada en marzo de 2025.
O Carballiño renova a rúa Ourense con 1,4 millóns
Os traballos permitiron renovar as redes de saneamento e abastecemento, instalar unha nova rede de pluviais e modernizar o alumeado e as telecomunicacións. Tamén se melloraron as beirarrúas, os pavimentos, as zonas axardinadas e o mobiliario urbano, ademais de reorganizar a circulación e os aparcadoiros.

A candidata socialista ao Congreso, Carmen Rodríguez Dacosta, e a candidata ao Senado, María Fernández Ojea, puxeron en valor a colaboración entre administracións e destacaron que o investimento resolve problemas históricos e mellora a calidade de vida da veciñanza.

