Colaboraciones

A cidade que queremos

A cidade que queremos. Artigo de Carlos Jesús Montero Álvarez – Secretario de dependencia, discapacidade e diversidade da comisión executiva municipal do PSdeG-PSOE de Ourense

A actual parálise no desenvolvemento dos plans de organización e mobilización urbana que vive a cidade de Ourense é padecida con especial intensidade por todas aquelas persoas que presentan dificultades para desprazarse. A diario podemos comprobar as barreiras que atopan as persoas con mobilidade reducida e dependentes para poder realizar actividades da vida tan básicas como son dar un paseo pola cidade, ir á compra, recibir unha formación ou asistir a un curso, socializar con familiares e amizades, acceder a un emprego ou a espazos de ocio, facer uso dun servizo público ou entrar nun establecemento privado.

A cidade que queremos

As dificultades que presentan, por exemplo, as persoas en cadeira de rodas para poder facer uso do espazo público son enormes: beirarrúas insuficientes e invadidas de obstáculos, rebaixes escasos ou mal deseñados, vehículos estacionados de xeito inadecuado, escasas zonas peonís, ausencia case total de sinais adaptadas a persoas con discapacidade calquera que sexa o seu rango de audición, visión, movemento ou outras habilidades cognitivas… a listaxe interminable de dificultades que atopan provoca sensación de abandono e afonda na exclusión dun colectivo que posúe dereitos e non pode exercelos pola parálise e desidia dunha administración local insensible e ineficiente.

A cidade que queremos

Esta problemática, padecida e coñecida polo conxunto das persoas que viven en Ourense, forma parte dos problemas detectados polo Grupo Motor do Proxecto Móvete por Ourense e que se concretaron no Plan de Mobilidade Urbana Sostible do Concello de Ourense presentado públicamente xa fai case 3 anos paralizado e sen rumbo ata o día de hoxe. Para o Concello seica non é unha prioridade.

Os representantes políticos teñen que adquirir a responsabilidade de deseñar unha cidade saudable e amable, un lugar onde as persoas con discapacidade ou en situación de dependencia poidan desenvolver un proxecto de vida. Unha cidade onde ninguén quede atrás, onde ninguén se sinta excluído. Comecemos a traballar na cidade que queremos.  É urxente.

Carlos Jesús Montero ÁlvarezSecretario de dependencia, discapacidade e diversidade da comisión executiva municipal do PSdeG-PSOE de Ourense

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.