Noticias

A Deputación aproba 600.000 euros en subvencións

A Deputación de Ourense aproba case 600.000 euros en subvencións na última reunión que celebrou a Xunta de Goberno Local.

O destino destas axudas inclúe a concellos e entidades da provincia de Ourense que poderán financiar a realización de 20 proxectos de infraestruturas, culturais, deportivas ou sociais.

A Deputación aproba 600.000 euros en subvencións

A metade dos proxectos subvencionados pola entidade provincial teñen como destinatarios varias entidades locais. O concello de A Merca recibe a maior cantidade (144.000 euros) para financiar tres proxectos. Os concellos de Bande (10.000€), Esgos (48.000€), Manzaneda (16.221€), Padrenda (48.000€), Ribadavia (5.000€), A Veiga (125.000€) e Vilamarín (20.000€) completan o listado.

A Deputación aproba 600.000 euros en subvencións
Foto: Deputación de Ourense

O resto dos proxectos que recibirán a achega económica da Deputación de Ourense son:

  • 90.000 euros – Clúster da Pizarra de Galicia
  • 18.000 euros – CD Barco
  • 1.500 euros – Club Ciclistas do Ribeiro
  • 80.000 euros – Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras
  • 4.000 euros – Asociación Cultural Memoria Antigua
  • 10.000 euros – Asociación de Veciños de Rebordechá (Xinzo de Limia)
  • 3.600 euros – Asociación Eidos do Laboreiro (Lobeira)
  • 6.000 euros – Escudería Barbadás
  • 13.000 euros – Asociación Coordinadora da Festa da Istoria (Ribadavia)

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.