Eventos

A Merca celebrará a XII Festa de Exaltación do Porco ó Espeto

O concello da Merca celebrará este sábado, 2 de setembro, a XII Festa de Exaltación do Porco ó Espeto na que está previsto servir máis de 300 Kg de carne.

A asociación «A peneda da lebre» é a organizadora deste evento no que colaboran a deputación provincial, o Inorde e o concello da merca.

A Merca celebrará a XII Festa de Exaltación do Porco ó Espeto

Cunha longa tradición de tratantes e marrelleiros, este concello ten nesta festa unha oportunidade para render homenaxe ós oficios tradicionais da zona. O lugar elixido para esta celebración é o entorno do conxunto de canastros que se atopan na localidade da Merca.

No acto de presentación desta festa, o deputado provincial e concelleiro na Merca, Rosendo Fernández, indicou que a mesma «mestura a historia e a tradición dun pobo». Este evento, con orixes en 1620, deu lugar á feita que se celebra o día 26 de cada mes. Rosendo Fernández recordou que a feira de gando da merca foi «nomeada polo Padre Feijóo e considerada no seu momento como a máis importante desde Ponferrada ata Portugal».

A Merca celebrará a XII Festa de Exaltación do Porco ó Espeto
Foto: Deputación de Ourense

A organización desta festa conta cunha participación de 500 persoas que gozarán de máis de 300 kg de porco ó espeto e varias actuacións musicais. Habitación Vudú, DJ Popy e a Banda de Gaitas amenizarán a xornada na que tamén se celebrará un Mercado de artesanía.

Antes de toda esta actividade, os asistentes terán a oportunidade de participar ás 11h no I Roteiro «A Peneda da lebre». Este roteiro terá a saída no Campo da Feira e un percorrido de 5 Kms.

Botón volver arriba