Eventos

A poesía hispanoamericana a través das voces femininas

Coñecer a poesía hispanoamericana a través das voces femininas é unha oportunidade que a Asociación Queremos UPO nos ofrece este venres.

Baixo o título «Poesía hispanoamericana. Voces femininas insumisas. Lectura e comentario de textos», atopamos un seminario impartido pola especialista Joséfina González García.

A poesía hispanoamericana a través das voces femininas

Con orixe en México pero residente en Ourense nos últimos anos, Joséfina Gonzalez é unha especialista en literatura hispanoamericana. Neste seminario de Poesía, a profesora González permitirá os asistentes descubrir as voces literarias que case sempre quedan agochadas, as femininas.

Lectura e análise de textos de mulleres poetas de gran relevancia na literatura hispanoamericana é o atractivo contido que atoparemos neste seminario.

Como o aforo é limitado, é preciso realizar unha inscrición previa no correo queremosupo@gmail.com

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.