Sergio Alba presenta no Liceo de Ourense o espectáculo de humor Dous rombos… Pasa para a cama, unha viaxe en clave de humor a unha época marcada pola televisión, os cambios sociais e as lembranzas da infancia.
A función será o venres 2 de outubro, ás 20:00 horas, e propoñerá ao público regresar a aqueles anos nos que a televisión pasou do branco e negro á cor e os dous rombos na pantalla significaban que chegara a hora de ir para a cama.
Sergio Alba recupera o humor dos anos 80 no Liceo de Ourense
O espectáculo recupera situacións e lembranzas do pasado para revisalas desde unha perspectiva humorística, nunha proposta que invita a desconectar da rutina dixital e reencontrarse co lado máis analóxico da vida.

As entradas anticipadas están xa dispoñibles na Secretaría do Liceo, tanto para socios como para o público xeral, e tamén a través das redes sociais de @dousrombos.

