O Liceo de Ourense acolleu esta mañá unha homenaxe ao investigador e divulgador do patrimonio Juan Carlos Rivas Fernández-Xesta, coincidindo coa presentación do volume 55 do Boletín Avriense.
No acto participou o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, quen destacou o labor do Grupo Marcelo Macías como “unha das máis nobres expresións do compromiso intelectual e afectivo coa memoria de Galicia”.
O Liceo homenaxea a Juan Carlos Rivas
Pardo subliñou a contribución de Rivas Fernández-Xesta á investigación histórica, á xenealoxía e á preservación documental, ademais do seu impulso a publicacións e estudos que converteron o Boletín Avriense nunha referencia para o coñecemento da cultura galega.


