Noticias

Abel Caballero apoia o peche de campaña en Ourense

Abel Caballero, alcalde de Vigo, apoia o peche de campaña do PSdG-PSOE en Ourense situando o obxectivo no 2º deputado.

«Estamos a 500 votos de arrebatarlle un escano ao Partido Popular na provincia de Ourense, polo que todos e todas debemos mobilizarnos masivamente o domingo e animar a familiares, amigos e coñecidos a acudir as urnas coa papeleta do PSOE».

Abel Caballero apoia o peche de campaña en Ourense

O acto de peche de campaña do PSdeG-PSOE de Ourense celebrouse na Praza de San Martiño. Ademais de Abel Caballero, os candidatos por Ourense tamén estiveron arroupados por Valentín González Formoso, secretario xeral do PSdeG.

 Abel Caballero pediu á cidadanía decidir o «modelo de pais que queremos para os vindeiros anos». Para o rexedor vigués, o obxectivo é «evitar un goberno de Feijóo co que perderemos en investimentos, infraestruturas, dereitos e liberdades».

Noela Blanco, candidata ó Congreso destacou que «temos que escoller entre dous camiños, un no que se constrúe e outro no que se derruba, un no que se gaña en dereitos e outro no que desaparecen, un para vivir con desconfianza e medo e outro con fe nas institucións». A tamén candidata ó Congreso, Marga Martín, sinalou que «nunca houbo tantas oportunidades de traballar como ata agora, nunca as pensións foron tan xustas, nunca crecemos máis que Europa, nunca tivemos a inflación máis baixa, nin o salario mínimo interprofesional máis alto da historia».

Abel Caballero apoia o peche de campaña en Ourense
Acto de peche de campaña.
Foto: PSdeG-PSOE

«Da man do PSOE temos un mellor país, unha mellor Ourense» indicou Rafa Villarino, candidato ó Senado, antes da intervención de Valentín González Formoso. O secretario xeral do PSdeG apelou ó voto útil. «Hai que dicilo con respecto aos votantes e ao resto de opcións política, pero sen complexos: votar a Sumar ou ao BNG en Ourense ou Lugo é axudar a que Feijóo sexa presidente e Abascal vicepresidente».

Botón volver arriba