Quedou pechado o acordo para que o concello de Ribadavia teña unha senda peonil na N-120 entre A Franqueiran e A Torre.
Noelia Rodríguez Travieso, alcaldesa de Ribadavia, acudiu a Madrid para reunirse con Javier Herrero, Director Xeral de Estradas no Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.
Acordo para que Ribadavia teña unha senda peonil na N-120
Mellorar a seguridade dos desprazamentos nesta zona supón unha vella demanda dos veciños. O alto volume de tráfico que ten a N-120 ó seu paso por Ribadavia fai necesaria a execución desta obra. O compromiso do Ministerio para levar a cabo esta obra permitirá a súa construción en dúas fases.
Durante o transcurso da reunión, Noelia Rodríguez e Javier Herrero analizaron o proxecto que se vai executar. O Ministerio confirmou o seu apoio mediante o financiamento das obras. Si se cumpren os prazos previstos, as obras levaríanse a cabo antes do remate de 2022.
Na mesma reunión, Noelia Rodríguez puxo sobre a mesa a necesidade de construír dúas rotondas nos cruces de Franqueiran e O Serralleiro, ambos na N-120. O Ministerio mostrouse favorable a esta actuación e queda pendente dunha próxima reunión a firma dos acordos.