A plataforma Non ao pecha da UPO programou tres actividades de contacto coa natureza que nos permitirán coñecer un pouco mellor esta área.
Conferencia, seminario e un roteiro son as propostas que esta plataforma nos presenta esta semana en colaboración con outras entidades.
Actividades de contacto coa natureza
Este xoves, 10 de novembro, atoparemos a primeira das actividades previstas. Xosé Santos Otero impartirá a décimo quinta conferencia organizada pola plataforma. Este especialista membro da Sociedade Galega de Historia Natural impartirá a conferencia «Galicia sustentable ou territorio sacrificado». A actividade terá lugar ás 20:15h no Salón Nobre do Liceo de Ourense.

Dous días despois, o 12 de novembro, chegará o turno de Raquel Cid. O seminario que impartirá a ex-mestra da Universidade Popular de Ourense leva como título «Plantas de interior e decoración de estancias».

A terceira e última actividade da semana chegará o domingo, 13 de novembro co roteiro «Pensa globalmente, actúa localmente». Esta proposta está organizada en colaboración con Amigas das Árbores, Ateneo de Ourense e o Liceo de Ourense.

