Un acto conxunto dos candidatos socialistas de Taboadela, San Cibrao das Viñas e Paderne de Allariz tivo lugar en Santa Cruz da Rabeda para mostrar a «imparable forza dun socialismo en rede».
Uxía Tizón, deputada no congreso, acompañou ós tres candidatos no acto conxunto realizado onte pola tarde.
Acto conxunto dos candidatos socialistas de Taboadela, San Cibrao e Paderne de Allariz
A deputada sinalou que «nas vilas estamos fartos de aqueles que unicamente van rápido para o que lles interesa… pero moi despazo para mellorar os nosos pobos, o noso rural». Sobre os tres candidatos, Tizón indicou que «é hora de poñer enriba da mesa o voso proxecto. É a hora de Rafa, de Antonio e de Álvaro e dos marabillosos equipos que vos acompañan. É a hora de defender á xuventude, a sanidade pública, a educación ou o emprego».
Álvaro Vila, actual alcalde de Taboadela e candidato á reelección destacaba que «o cambio na xestión é posible». Vila recordou que «se o foi despois de 47 anos de gobernanza dun mesmo alcalde conservador en Taboadela, este cambio tamén poderá ter lugar en Paderne e San Cibrao».
En San Cibrao das Viñas, Rafael Rodríguez Villarino loitará por primeira vez pola alcaldía. Na súa intervención destacou que ten a candidatura «máis forte da súa historia, integrándose a propia secretaría provincial na mesma, e contando cunha ampla e acreditada experiencia de goberno que garante o progreso e o futuro deste concello».
Antonio Estévez, candidato en Paderne de Allariz, destacou que «o máis importante é o veciño». Nesa liña, Estévez indicou que aspira a «lograr que o Concello atenda as necesidades de toda a veciñanza, de forma que a súa vida sexa máis cómoda».