Noticias

David Vázquez gaña o premio á Mellor Dirección FETEAGAL

O teatro afeccionado de Taboadela destacou na primeira edición dos Premios FETEAGAL “Manuel Lourenzo” do Teatro Amador Galego, celebrada no Teatro Colón da Coruña, cunha especial presenza de Esteta, que regresou á localidade con catro recoñecementos.

Entre eles sobresae o premio á Mellor Dirección para David Vázquez, polo seu traballo na montaxe de A puta namorada.

David Vázquez gaña o premio á Mellor Dirección FETEAGAL

O director de Esteta foi tamén distinguido co premio ao Mellor Guión Adaptado pola mesma obra.

David Vázquez gaña o premio á Mellor Dirección FETEAGAL

A compañía de Taboadela completou a súa participación na gala con outros dous galardóns: Mellor Espectáculo Costumista por Os marcos da vida e Mellor Vestiario por A puta namorada, compartido con Cabaret Dar Trela, de Dar Trela Teatro.

Os premios están organizados pola Federación Teatral Afeccionada de Galicia (FETEAGAL) co obxectivo de recoñecer o traballo desenvolvido polo teatro afeccionado galego.

Publicaciones relacionadas
Botón volver arriba