Eventos

Acto de presentación do libro sobre o Castro de Trelle

Este sábado, 11 de maio, terá lugar un acto de presentación do libro sobre o Castro de Trelle que promoven a Asociación Cultural Porta da Cadea e a Asociación Amigos do Patrimonio de Toén.

O Libro «O Castro de Trelle, historia, tradición e futuro» supón o primeiro traballo de investigación sobre este castro desde o que realizou Florentino Cuevillas no ano 1928.

Acto de presentación do libro sobre o Castro de Trelle

O acto de presentación do libro terá lugar no Parque do Fidalguiño de Sobrado do Bispo a partir das 20h. No acto estará presente un dos autores do libro, David Sabucedo, o investigador Juan Carlos Forneiro, o arqueólogo Benito Vilas e o actor Héctor Martínez.

A publicación deste libro forma parte do proxecto de escavación do castro que está prevista que comece no mes de xuño de 2024. Ambas entidades culturais promoven unha escavación que permitirá recuperar parte das murallas do recinto, unha das vivendas, a limpeza do entorno e a colocación de varios carteis informativos.

Acto de presentación do libro sobre o Castro de Trelle

Botón volver arriba